Páginas

2/12/12

Xa tedes na vosa pestana correspondente as unidades que estudamos este trimestre. Comezade a repasar porque os exames están moi preto. Se tedes algunha dúbida, preguntade.

12/10/12

Benvidos a un novo curso.

Xa podedes encontrar na pestana do voso curso a información do que imos facendo na clase. Recordade que os primeiros controis serán nuns días. Administrade o voso tempo e comenzade a repasar.

9/6/12

Exámes de avaliación

Matemáticas 2°               21 de xuño
Ciencias naturais 2°       18 de xuño
Matemáticas 1°A             21 de xuño

6/6/12

TRÁNSITO DE VENUS

Este fenónemo prodúcese dúas veces cada século. Este é o último do século XXI, o anterior foi en 2004, e non se volverá a repetir ata o 2117. Deixovos un link a páxina web de RTVE con imaxes deste espectacular fenómeno que se produce pola alineación de tres corpos celestes: o Sol, Venus e a Terra.


7/5/12

Xa tedes na páxina correspondente un esquema resumo das unidades que vos entran nos controis da 3ª avaliación

22/4/12

22 de ABRIL DÍA DE LA TIERRA



El Día de la Tierra es un día celebrado en muchos países el 22 de abril. Su promotor, el senador estadounidense Gaylord Nelson, instauró este día para crear una conciencia común a los problemas de la superpoblación, la producción de contaminación, la conservación de la biodiversidad y otras preocupaciones ambientales para proteger la Tierra.

¿Qué haces tú para protegerla?

24/3/12

DÍA DA AUGA

O día 22 de marzo de cada ano conmemórase o Día Mundial da Auga. Este ano o lema é Auga e Seguridade Alimentaria.

Sabías que aproximadamente o 71% da superficia terrestre está cuberta de auga, aínda que só un 2% é potable?

DÍA DA ÁRBORE 2012

O día mundial da árbore instaurouse o 28 de xuño de 1969 no Congreso forestal Mundial celebrado en Roma. Esta recomendación foi aceptada pola Organización da Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en 1971, aínda que países como Suecia xa a celebraban desde o ano 1840.En moitos países do mundo celébrase en distintas datas. Aquí, celebrámolo o día 21 de marzo, que marca o inicio da primavera.

3/2/12

Benvidos alumnos de 2º

Os primeiros controis da segunda avaliación  están próximos. Recórdovos que estamos repasando o tema 6, Os ecosistemas da terra, e o tema 7, A enerxía que nos chega do Sol. Debedes repasar sobre todo as seguintes preguntas
TEMA 6
  • Factores abióticos e medios terrestres.
  • Principais ecosistemas terrestres.
  • Ecosistemas mariños.
  • Formación do solo.





TEMA 7
  • A enerxía do Sol.
  • A desigual repartición da enerxía solar.
  • Dinámica atmosférica a escala local.
                    Ascendencias térmicas
                    Tormentas
                    Brisa mariña
                    Brisa de val
                    Inversións térmicas
  • Dinámica atmosférica a grande escala
                    Ventos
                    Nubes
                    Precipitacións
  • O efecto regulador da hidrosfera.
  • Os riscos da enerxía solar



Benvidos alumnos 1º

Benvidos a esta nova experiencia na materia de Ciencias Naturais 1 e 2.

Recórdovos o que estamos a facer estes días na aula e que os primeiros controis da segunda avaliación xa están moi preto.

Temos xa dados os temas 6 e 7 nos que destacan as seguintes preguntas:
  • Clasificación das rochas (esquema)
  • A compsoisción química dos seres vivos.
  • A célula.
  • Os cinco reinos.
  • As especies.
  • A biodiversidade.

Célula Animal