Páginas

27/12/13

CONCURSO: CIENCIA ACTIVA

Experimenta e investiga!
CIENCIA ACTIVA” é un proxecto do Departamento de Ciencias Naturais que inclúe concurso de experimentos (1º e 2º da ESO coordinados por Rosa e Gago), concurso de presentacións e audiovisuais (3º, 4º ESO e 1º BAC coordinados por Beatriz).

Experimentos (Título, material, procedemento e conclusión)
Presentacións ( Portada, índice, … , conclusións)
Audiovisuais ( Vídeos ou animacións )

Os traballos seleccionados iranse publicando nos blogs dos profesores de ciencias naturais, e no blog de alumnos de bioloxía, así como no canal de youtube do colexio.
Ánimo e grazas pola vosa participación!

Entrega de experimentos e presentacións antes do 13 de xaneiro.
Entrega de audiovisuais antes do 7 de marzo.

18/9/13

Benvidos a un novo curso!

Esta primeira entrada é para darvos a benvida ao novo curso 2013-2014. Aquí atoparedes vídeos e actividades interesantes sobre a materia de Ciencias Naturais.

8/4/13

Pasatempos

Ola a tod@s!

Imos revisar algúns dos conceptos que levamos aprendidos. Que tal se probades a facer este encrucillado sobre os estados da materia? Podesde imprimilo e entregarmo para que volo corrixa.

Encrucillado sobre os estados da materia

Este outro enlace axudaravos a revisar os cinco reinos animais.

Barullo de letras sobre os 5 reinos animais

3/3/13

Aprendemos sobre os astros

Hai uns días os alumnos de 1º e 2º da ESO asisitiron a unha actividade organizada pola Concellería de Educación de Ourense na Aula da Natureza sobre o mundo da observación das estrelas. O relator foi o presidente da asociación Astronómica de Ourense, José Antonio Álvarez.
Aquí tedes algunhas das instántaneas da visita.






27/1/13

Xa tedes na pestana correspondente ao voso curso os puntos máis importantes das unidades que levamos visto na clase. 
Deixovos tamén un libro interactivo multimedia sobre a Biodiversidade para os alumnos e alumnas de 2º feito pola profesora Nela Abella e outro sobre  as Rochas para os alumnos e alumnas de 1º da profesora Belén Junquera.