Páginas

27/12/13

CONCURSO: CIENCIA ACTIVA

Experimenta e investiga!
CIENCIA ACTIVA” é un proxecto do Departamento de Ciencias Naturais que inclúe concurso de experimentos (1º e 2º da ESO coordinados por Rosa e Gago), concurso de presentacións e audiovisuais (3º, 4º ESO e 1º BAC coordinados por Beatriz).

Experimentos (Título, material, procedemento e conclusión)
Presentacións ( Portada, índice, … , conclusións)
Audiovisuais ( Vídeos ou animacións )

Os traballos seleccionados iranse publicando nos blogs dos profesores de ciencias naturais, e no blog de alumnos de bioloxía, así como no canal de youtube do colexio.
Ánimo e grazas pola vosa participación!

Entrega de experimentos e presentacións antes do 13 de xaneiro.
Entrega de audiovisuais antes do 7 de marzo.