Páginas

8/10/14

Preguntas que debedes repasar (2º ESO)

Aquí vos deixo unha serie de preguntas que debedes repasar.

Tema 1 O mantemento da vida

  • Biomoléculas inorgánicas
  • Biomoléculas orgánicas
  • Estrutura das células
  • A célula eucariota. Orgaánulos celulares
  • A nutrición celular
  • A fotosíntese
  • A reprodución celular
  • Material xenético e cromosomas. A mitose

Tema 2 A nutrición

  • O proceso dixestivo nos animais
  • Tipos de respiración nos animais
  • O transporte de substancias nos animais. O sangue dos vertebrados
  • Tipos de aparellos circulatorios nos animais



25/1/14

CONCURSO CIENCIA ACTIVA

Xa podedes ver e desfrutar das presentacións feitas por alumnos e alumnas de 2º da ESO do profesor Jose María Gago Farfante  para o Concurso Ciencia Activa. Espero que vos gusten.

27/12/13

CONCURSO: CIENCIA ACTIVA

Experimenta e investiga!
CIENCIA ACTIVA” é un proxecto do Departamento de Ciencias Naturais que inclúe concurso de experimentos (1º e 2º da ESO coordinados por Rosa e Gago), concurso de presentacións e audiovisuais (3º, 4º ESO e 1º BAC coordinados por Beatriz).

Experimentos (Título, material, procedemento e conclusión)
Presentacións ( Portada, índice, … , conclusións)
Audiovisuais ( Vídeos ou animacións )

Os traballos seleccionados iranse publicando nos blogs dos profesores de ciencias naturais, e no blog de alumnos de bioloxía, así como no canal de youtube do colexio.
Ánimo e grazas pola vosa participación!

Entrega de experimentos e presentacións antes do 13 de xaneiro.
Entrega de audiovisuais antes do 7 de marzo.

18/9/13

Benvidos a un novo curso!

Esta primeira entrada é para darvos a benvida ao novo curso 2013-2014. Aquí atoparedes vídeos e actividades interesantes sobre a materia de Ciencias Naturais.